Thursday 09 de May de 2024

Presentación do avión vinilado de Vueling co logo do Concello e pictogramas de Turismo da Coruña


O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, acompañado do tenente de alcalde de Emprego e Empresa e presidenta do Consorcio de Turismo, Luisa Cid, e do director de Estratexias e Alianzas de Vueling, Fernando Estrada asistiu no aeroporto de Alvedro, á presentación do avión vinilado de Vueling co logo do Concello e pictogramas de Turismo da Coruña e ilustracións da cidade como a Torre de Hércules.

A iniciativa forma parte das campañas de promoción que o Concello da Coruña realiza con Vueling a través do Consorcio de Turismo. A primeira viaxe do avión coa promoción da Coruña foi para cubrir a ruta entre o aeroporto de Barcelona e Alvedro. Trátase dun Airbus modelo A320-232 de 180 prazas. Tras aterrar na Coruña, a seguinte ruta do avión ten como destino Londres (Heathrow), para regresar hoxe mesmo a Alvedro.

Este avión viaxará por toda Europa, Oriente Próximo e norte de África, polo que levará o nome da cidade da Coruña a cada un dos destinos que deba cubrir.